Elite e Consvial reformarán a escola infantil de Padrón

13 Febreiro 2026

A mesa de contratación do Concello de Padrón adxudicou hoxe a construción da nova escola infantil á unión temporal de empresas formada pola firma padronesa Elite e a madrileña Consvial. A UTE comprométese a executar as obras nun prazo de seis meses e cun orzamento de 789.314,31 euros, unha cifra lixeiramente inferior aos 800.000 euros inicialmente previstos polo Concello.

A proposta da mesa será ratificada o vindeiro martes pola Xunta de Goberno Local, que aprobará oficialmente a adxudicación. Ao proceso de licitación, desenvolvido con carácter público e transparente, presentáronse tamén outras catro empresas: Construcciones Iglesias Mera, Elecnor Servicios y Proyectos, Mármoles Orosa Miguel e Obras Excavaciones Construcciones Caamaño.

O alcalde, Anxo Arca, destacou positivamente que entre as empresas adxudicatarias figure unha compañía local. “Fronte ao ruído interesado, o Concello optou por seguir avanzando, con discreción e responsabilidade, cara a unha solución definitiva”, afirmou, en resposta ás críticas difundidas durante o proceso de licitación.

Arca asegurou que, unha vez finalizadas as obras, “Padrón contará cunha escola infantil do século XXI, con espazos dignos, accesibles, saudables e adaptados ás necesidades educativas actuais de crianzas, profesionais e familias”.

O rexedor lembrou tamén que a decisión do actual equipo de goberno socialista responde á “responsabilidade ineludible” de acometer a reforma integral do centro, tras os informes técnicos municipais que advertían das condicións inadecuadas do antigo edificio.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.