Dodro denuncia un roubo de cable que afecta a luminarias do concello

23 Febreiro 2026

O Concello de Dodro descubriu este pasado domingo 22 de febreiro un furto de cable na pista que transcorre paralela á estrada AC- 305. As sospeitas apuntan a que o roubo cometeuse na noite do sábado de piñata xa que o venres pasado as luminarias funcionaban. Foron varios os veciños que o domingo decatáronse da falta de iluminación.

Os ladróns levaron 600 metros de cable recentemente colocado. Fontes do Concello explicaron que “este cable puxérase para iluminar unha zona moi transitada por veciños e veciñas que saen a camiñar habitualmente”.

O Concello anunciou que elaborara no seu día este proxecto por esta mesma razón polo que o roubo, máis alá do custo económico, “prexudica de xeito directo á veciñanza da zona”.

Dende o Consistorio engadiron que “amais do cable hai que dicir que os ladróns rebentaron as arquetas para cortar e retirar o cable”. O roubo súmase a outros cometidos na mesma pista e tamén de cable municipal. Un dos roubos produciuse hai uns meses nun tramo da aldea de Lestrobe, no que se levaron tamén mobiliario na mesma senda.

O roubo foi denunciado a Garda Civil no Cuartel de Padrón. A benemérita achegouse no mesmo domingo a inspeccionar a zona e segue coas pescudas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.