Dodro amplía o Paseo das Estrelas con motivo do 8M

27 Febreiro 2026

O Concello de Dodro preparase para a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Desde o Centro de Información da Muller Dodro – Padrón este ano ponse o foco na educación e na visibilización.

A primeira das actividades está dirixida á nenez. En palabras do Concello, trátase “dun xeito de construír un futuro máis igualitario para esta sociedade”. O día 2 de marzo difundirase a campaña Agresión Off, Eu Digo Non Á Violencia Sexual entre o alumnado de primaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, sementando tolerancia de cara ao futuro.

O día 6 de marzo celebrarase o acto central coa lectura do Manifesto Institucional 8M na praza do Concello ás doce do mediodía. A continuación ampliarase o Paseo das Estrelas de Dodro no que este ano homenaxease a distintas organizacións.

O Paseo das Estrelas inaugurábase hai un ano como “unha idea para visibilizar a importancia das mulleres na sociedade, de todas as mulleres, sexa cal sexa a súa condición, relixión, idade, formación, profesión…porque todas sodes importantes e necesarias”, en palabras da concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Relacións Veciñais, María Teresa Batalla.

En aquel día descubriuse a placa conmemorativa na praza do Concello e as 20 primeiras estrelas que este anos serán ampliadas en esta segunda celebración do 8M desde a creación do Paseo.

Dende o Concello animan á veciñanza a “sumarse ao acto central e facer crecer o noso Paseo das Estrelas”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...