Compromiso Outes denuncia a “parálise” do Concello tras a caída do 73,72 % na contratación pública

26 Febreiro 2026

Compromiso Outes denunciou hoxe a “parálise” que, ao seu xuízo, está a sufrir o Concello en materia de contratación e licitación pública despois de coñecerse os datos da Federación Galega da Construción, que sitúan nun 73,72 % a caída da licitación de obra pública municipal ao longo de 2025.

Segundo a formación, a redución da contratación “non é unha interpretación política, senón un feito obxectivo” que coincide co cambio de goberno producido tras a moción de censura de febreiro de 2025. Para o grupo, trátase dun “retroceso histórico que non admite maquillaxe nin xustificacións simplistas”.

Compromiso Outes lembra que en 2024, baixo o seu mandato, o Concello de Outes lideraba a licitación de obra pública na comarca e que, ademais, quedaron proxectos aprobados e con financiamento concedido por un importe superior aos dous millóns de euros.

A responsable da formación, Alba Quintela, asegurou que “o que estamos vendo é unha clara falta de capacidade de xestión”. Na súa opinión, “non se poden eludir responsabilidades, como fai o señor Calo, cunha caída do 73 % na contratación pública cando se deixaron máis de dous millóns de euros en proxectos financiados. O que hai é parálise”.

Quintela engadiu que “en lugar de asumir responsabilidades, o alcalde opta por escusas que non están á altura do que merece a veciñanza de Outes”. “Gobernar esixe planificación, traballo e capacidade para executar; non declaracións que intentan desviar a atención dos datos obxectivos, botando balóns fóra”, concluíu.

Desde Compromiso Outes reclaman explicacións “serias” e propostas concretas para reactivar a contratación pública e recuperar o ritmo de investimento que, segundo sinalan, o municipio mantivo durante o exercicio 2024.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.