“Composteláns de Rodeiro”. Luís Celeiro

28 Febreiro 2026

Divina Varela de Rodeiro e Julio Vázquez, tamén de Rodeiro, crearon un mundo novo en Santiago de
Compostela, un fermoso e discreto recuncho na entrada do Camiño de Santiago, na mesma rúa de
San Pedro, ao carón do Panteón de Galegos Ilustres, de San Domingos de Bonaval, dos Museos do
Pobo Galego e de Arte Contemporánea, na ourela da cidade ou no mesmo corazón dela, onde se
asenta a capital de Galicia. Un mundo enteiro, ao redor do bar Rodeiro, con toda a xente de tódalas
partes de país.
E, agora, despois de varias décadas, pecha definitivamente e deixará no maxín dos habitantes dese
mundo de clientes e amigos, os recordos de benquerenza e a seguridade de que O Rodeiro foi moito
máis ca un bar, foi alento para a xente, para a pedra, o Camiño e a memoria. Era un espazo para a
diversidade, para a integración e a comprensión, onde tódalas mans agarraban do mesmo pan.
Os obreiros comían no Rodeiro, o profesorado da Universidade, estudantes, investigadores,
científicas, políticos, empresarios, mestres, xornalistas, artistas e relixiosos comían neste
establecemento que tiña sempre todas as súas portas abertas. Alí estaban representantes da
avogacía e do funcionariado, reloxeiros, deputados, taxistas e parados, líderes, lideresas e, moitas
veces, poetas e tertulianas de prestixiosos faladoiros. Divina, sempre traballando, atendendo á
xente, conversando, servindo e cociñando.
Era unha das casas que tiñan os de Ourense en Santiago de Compostela, os de toda a provincia de
Pontevedra ou de Lugo, os da Mariña e os de Ferrolterra, os da Costa da Morte e aqueles que
chegaban de fóra. Para todos foi un pracer enorme contar con este lugar, con este espazo de sosego,
remanso de amizade e sitio de bo viño, do Ribeiro ou das Rías Baixas, de Valdeorras ou da Ribeira
Sacra, das beiras do Sil ou do Miño, deses vellos viñedos aos que tanto lles querían os romanos.
O caldo do Rodeiro sabía a gloria. Todos os pratos eran saborosos e o acougo alongábase entre prato
e prato, estendíase na sobremesa como un mantel de liño e aguantaba ata o café do día seguinte,
ata sempre. Era para moitos e moitas a súa casa. Por iso a Tía Manuela quere agradecer
publicamente o magnífico traballo de Divina e Julio, dous composteláns de Rodeiro, dúas persoas de
ben. De alí, de xunto ao Faro.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...