Chuvias nas rias baixas e Santiago de Compostela: poden superar os 300 mm durante a semana

01 Febreiro 2026

A Galicia occidental, especialmente a zona das Rías Baixas, e tamén a área de Santiago de Compostela, prepáranse para unha semana marcada por precipitacións moi intensas que poderían deixar acumulados superiores aos 300 litros por metro cadrado en varios puntos, segundo as últimas predicións meteorolóxicas.

Os modelos de predición indican que unha sucesión de frentes e borrascas atlánticas descargarán choivas persistentes e localmente moi abondosas desde primeiros días da próxima semana, con acumulados que a medida que avanza o período poderían situarse por enriba dos 300 mm en zonas favorables da metade oeste peninsular, entre elas as Rías Baixas.

previsión de chuvia acumulada ata o 6 de febreiro. Universidade de Heiderberg

Especialistas apuntan a que, entre a tarde-noite do domingo e a madrugada do luns, un fronte moi activo entrará pola costa galega, deixando precipitaciós moi intensas nas primeiras horas, que se manterán a medida que avanza a semana.

Na comarca de Santiago de Compostela, aínda que os acumulados máis elevados adoitan rexistrarse cara ao litoral e o suroeste galego, tamén se espera un marcado descenso na probabilidade de ceos despexados e un predominio de chuvias de moderadas a fortes repartidas ao longo de varios días.

Estes escenarios de choivas prolongadas e fortes non son habituais para esta época do ano e obrigarán a manter vixilancia nas rías, ríos e zonas baixas, onde poden multiplicarse os riscos de inundacións urbanas e rurais, así como dificultades na circulación en vías secundarias.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.