Carme da Silva defenderá a frota pesqueira galega ante o Goberno e a súa intención de instalar eólica mariña na costa galega

26 Febreiro 2026

A senadora do BNG, Carme da Silva, participará na vindeira sesión de control ao Goberno no Senado e trasladará a preocupación do sector pesqueiro galego ante a aceleración da planificación da eólica mariña na costa do país. Dirixíndose ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Carme da Silva requirirá coñecer se se avaliou o impacto real do desenvolvemento desta industria sobre a frota pesqueira galega e defenderá os seus intereses.

A pregunta será directa: “Avaliou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o impacto do desenvolvemento da enerxía eólica mariña no sector pesqueiro galego?”

Carme da Silva avanza que a súa intervención estará centrada na defensa firme do sector do mar fronte a aceleración, por parte do Goberno, de impulsar as poxas e a implantación de parques eólicos mariños. A senadora advertirá de que “non se pode converter o mar galego nun polígono industrial ao servizo do lobby eléctrico, sacrificando unha actividade estratéxica que sostén milleiros de empregos directos e indirectos”.

A representante nacionalista insistirá en que o debate non é sobre as enerxías renovábeis, senón sobre a ausencia de garantías. “Non se pode avanzar sen estudos rigorosos e independentes” sinala, facendo fincapé en que a día de hoxe “non existen estudos ambientais nin socioeconómicos completos que avalíen o impacto destas instalacións nas especies, nos caladoiros históricos nin na cadea de valor da pesca”.

Carme da Silva reclamará que se aplique “o principio de precaución antes de ampliar zonas ou autorizar novas poxas”, e preguntará ao Ministerio se conta con informes científicos solventes que analicen as consecuencias sobre as capturas e a viabilidade económica da frota, especialmente da artesanal.

O BNG advertirá tamén de que os propios estudos preliminares existentes recoñecen que “a tecnoloxía da eólica mariña flotante en augas profundas está aínda en fase de desenvolvemento e aprendizaxe, polo que resulta profundamente imprudente promover o seu despregue masivo en zonas que coinciden cos principais caladoiros galegos”.

A formación nacionalista subliñará que a Galiza non pode ser “nin terra nin mar de sacrificio” para experimentar a gran escala cun modelo que pode comprometer e afectar directamente á frota pesqueira galega. “Non imos permitir que se poña en risco o futuro do noso sector pesqueiro para engordar os beneficios dun oligopolio eléctrico que leva décadas espoliando os nosos recursos” defenderá a senadora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.