Boiro rende homenaxe aos fusilados en 1937 en Boisaca coa inauguración dunha placa conmemorativa

22 Febreiro 2026

O cemiterio de Cemiterio de Boisaca acolleu este domingo o acto central das Xornadas en homenaxe aos boirenses fusilados en 1937, cunha cerimonia na que se descubreu unha placa na súa memoria. A iniciativa organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH) contou coa participación de familiares das vítimas e representantes institucionais.

A placa lembra a Rodrigo Álvarez Gantes, Braulio Castro Gallardo, Ramón Lojo Agrelo, José Maceiras Vilasó, Santiago Miranda Lago, Juan Outeiral Outeiral, Juan Bautista Torrado Rivadulla e Gerardo Piñeiro Piñeiro, fusilados na madrugada do 23 de febreiro de 1937 e soterrados en Boisaca. O acto concíbeuse como un xesto de dignidade, reparación moral e xustiza democrática para recuperar os seus nomes e devolverlles o lugar que lles corresponde na historia.

As xornadas conmemorativas deron comezo no Pazo de Goiáns, onde o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, inaugurou os actos. O rexedor subliñou que iniciativas deste tipo “fan saír á luz” a historia do municipio e son necesarias para que estes feitos “sexan coñecidos e recordados”, incidindo en que se trata de episodios que non deben repetirse.

Durante a mañá do sábado desenvolveuse unha conferencia histórica sobre a represión franquista na comarca do Barbanza a cargo de Antonio Míguez. Ademais, celebrouse unha sesión dedicada ás biografías dos boirenses fusilados en Boisaca e aos lugares da memoria en Boiro, guiada por Xosé Deira e Rocío L. Yáñez. As actividades completáronse cun roteiro por distintos espazos do termo municipal vinculados á memoria represiva.

O acto deste domingo en Santiago de Compostela pon o broche final a unhas xornadas que buscan fortalecer a memoria democrática, transmitir ás novas xeracións os valores de liberdade e convivencia e manter vivo o recordo das vítimas da represión franquista, estreitando tamén lazos entre Boiro e a capital galega na defensa da verdade e da xustiza histórica.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.