Boiro homenaxea aos oito boirense fusilados pola represión franquista no cemiterio de Boisaca en 1937

21 Febreiro 2026

Boiro rende homenaxe aos oito veciños fusilados pola represión franquista no cemiterio de Boisaca en 1937 a través dunhas xornadas de memoria histórica e dun acto central co descubrimento dunha placa conmemorativa.

Xornadas de memoria no Pazo de Goiáns

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, inaugurou esta mañá no Pazo de Goiáns as Xornadas en homenaxe aos boirenses fusilados en Boisaca en 1937, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH). O rexedor subliñou que iniciativas deste tipo “fan saír á luz” a historia do municipio e son necesarias para que “sexan coñecidos e recordados” uns feitos que non se deben repetir.

Ao longo da mañá desenvolveuse unha conferencia histórica sobre a represión franquista na comarca do Barbanza, a cargo de Antonio Míguez, así como unha sesión dedicada ás biografías dos boirenses fusilados en Boisaca e aos lugares da memoria de Boiro, guiada por Xosé Deira e Rocío L. Yáñez. As xornadas completáronse cun roteiro por algúns dos espazos máis significativos vinculados á memoria represiva no termo municipal.

Acto central no cemiterio de Boisaca

O acto central terá lugar este domingo no cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde se descubrirá unha placa na honra de Rodrigo Álvarez GantesBraulio Castro GallardoRamón Lojo AgreloJosé Maceiras VilasóSantiago Miranda LagoJuan Outeiral OuteiralJuan Bautista Torrado Rivadulla e Gerardo Piñeiro Piñeiro, fusilados na madrugada do 23 de febreiro de 1937. No acto participarán familiares das vítimas, representantes institucionais e membros da CRMH, nunha homenaxe concebida como un xesto de dignidade, reparación moral e xustiza democrática.

Autobús para facilitar a participación

Para facilitar a asistencia da veciñanza, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza habilitou un autobús que sairá de Ribeira ás 9:15 horas e realizará paradas en Palmeira (9:20), A Pobra (9:25), Escarabote (9:35), Boiro (9:40) e Rianxo (9:50). A entidade lembra que “nomear ás vítimas é reparar” e que lembrar o pasado non divide, senón que axuda a pechar feridas desde a verdad

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.