Boiro conmemora este sábado a Rosalía cunha visita ás terras da poeta

19 Febreiro 2026

Con motivo do Día de Rosalía de Castro, que se celebra cada 23 de febreiro en Galicia conmemorando o nacemento da escritora en 1937 (data promovida pola Fundación Rosalía de Castro coa que se quere pór en valor a obra da autora máis universal da literatura galega con actos culturais, recitais e actividades), o Concello de Boiro vai levar a cabo este sábado 21 unha visita didáctica e cultural ás terras da poeta.

A saída será dende A Cachada, ás 9.00 horas. Ás 10.00 comezará unha visita teatralizada coa agrupación Os Quinquilláns, e ao mediodía está programada unha visita ao Museo do Pobo Galego, en Santiago. Logo do xantar no Hotel Scala e dunha visita vespertina á Casa de Rosalía en Padrón, comezará un obradoiro de canto con Luís “O Caruncho”. As persoas que queiran participar teñen que contactar co número de teléfono 981 84 84 25. Organiza o Concello de Boro co apoio da Deputación e a Xunta.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.