As utilidades e riscos da IA centran un curso formativo en Rianxo

06 Febreiro 2026

O Auditorio de Rianxo acolle do 24 de febreiro ao 11 de marzo un curso formativo sobre intelixencia artificial ao servizo de toda a veciñanza de todas as idades. A actividade formativa desenvolverase de martes a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Desenvolverase no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo baixo o epígrafe Destrezas dixitais: subindo ao tren da IA.

Por contidos, tocaranse temas como a intelixencia artificial (coñece a un novo aliado), a IA para a procura de emprego, a ciberseguridade práctica (blindando a nosa vida dixital), a IA como unha nova linguaxe e como dominar a IA para multiplicar o noso contido e minimizar esforzos.

A cita vén da man da Xunta, o Goberno e o Concello, e será impartida por ARA Formación.
Máis información e inscricións no 645 440 959 ou no 659 799 037.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.