As alumnas do IES de Porto do Son volven brillar nas Olimpíadas de Xeoloxía

10 Febreiro 2026

Novamente o IES de Porto do Son participou con éxito na Olimpíada de Xeoloxía (XVII edición) celebrada o pasado 4 de febreiro en Santiago (e tamén no Xeoparque de Cabo Ortegal, Monforte e Vigo). Desta volta, as alumnas de 1°de Bacharelato fixeron un excelente traballo, ao mesmo nivel que compañeiros de olimpíadas anteriores.

As novas investigadoras Zoe, Aitana e Raquel conseguiron o Premio ao Mellor Equipo, e Uxía, Marigabi, Lara e María estiveron moi preto obtendo moi bos resultados.

A XVII Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

A organización agradeceu o labor e implicación de tódalas persoas que fixeron posíbel novamente esta xornada xeolóxica: alumnado participante, profesores acompañantes, vixiantes e correctores, compañeiros e compañeiras pensantes de probas e test e, tamén, o persoal das diferentes entidades que nos proporcionan a plataforma para a realización da proba.

Equipos gañadores da sede de Santiago

PREMIO AO MELLOR EQUIPO: Zoe Fernández Santos, Aitana Ventoso Armental, Raquel Rego Gago (IES Porto do Son) e Mónica Liñares González (2º de BACH do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago).

PREMIO ACCÉSIT 4º ESO: Martiño Lorenzo Faraldo, do IES Plurilingüe de Ames, de Bertamiráns.

3º PREMIO: Lara Villaverde Ferreirós, de 2º de BACH do IES de Valga.

2º PREMIO: Daniel Vázquez Iglesias, de 2º de BACH do IES Eduardo Pondal de Santiago.

1º PREMIO:  Mónica Liñares González, de 2º de BACH do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.