Ártica leva a Rianxo este sábado o espectáculo familiar “Pum! Pum! Quen hai?”

23 Febreiro 2026

O sábado 28 de febreiro temos en Rianxo unha espectáculo teatral familiar moi axeitado para a rapazada: Pum! Pum! Quen hai?, a cargo de Ártica Compañía. Será a partir das 19.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Trátase dunha peza recomendada para nenas e nenos de máis de 4 anos, de 45 minutos de duración. A entrada é de balde ata completar capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).

Organiza o Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

“Pum! Pum! Quen hai?”, de Ártika Cía (Vigo), é un aclamado espectáculo de teatro de animación e comedia musical infantil, finalista nos Premios María Casares 2025. Cóntanos a historia de Gaia, unha nena moi inquieta comparte con nós o xogo máis xogado da súa aldea mentres nos explica a tolemia que asolou na súa aldea a primeira vez que chegaron novos veciños.

Unha divertida comedia musical onde cantaremos, bailaremos e riremos a esgalla coa tía Maruxa e a súa graza natural e con don Rosmón (don Ramón).

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.