Aprobadas as propostas do BNG para reclamar o bo funcionamento do transporte e crear unha zona verde nas Carolinas

24 Febreiro 2026


O grupo municipal do BNG no Concello de Ribeira valorou “moi positivamente” a aprobación (no pleno deste luns 23) de dúas iniciativas presentadas pola formación nacionalista, que contaron co respaldo unánime da Corporación e que teñen como obxectivo “mellorar de maneira directa a calidade de vida da veciñanza de Ribeira”, salientou a agrupación.

A primeira das propostas aprobadas céntrase na situación do transporte público por estrada na provincia da Coruña, un servizo esencial que segundo lembrou o BNG “atravesa un grave conflito laboral e deficiencias de funcionamento que afectan a milleiros de persoas usuarias”.

O acordo plenario insta á Xunta de Galiza a “implicarse activamente na resolución do conflito, desbloquear a negociación colectiva e garantir un servizo eficiente, especialmente nas conexións coa comarca do Barbanza”.

Tamén se reclama ás empresas concesionarias —entre elas a principal operadora Monbus— o cumprimento rigoroso dos horarios e frecuencias.

“O respaldo unánime da Corporación Municipal demostra a relevancia e urxencia de actuar ante unha situación que está a afectar diariamente a milleiros de persoas usuarias e traballadoras”, sinalou o responsábel local do BNG, o ex alcalde Luís Pérez Barral, subliñando que este acordo “supón un paso importante para defender un servizo público esencial e para esixir responsabilidades ás administracións competentes, despois de anos de políticas impulsadas polo Partido Popular que, segundo sinalan, favoreceron a concentración empresarial e o deterioro do servizo”.

“Agora imos esta vixiantes para que se cumpran o acordado e no caso de que non se produzan avances, o BNG continuará promovendo novas iniciativas e accións institucionais para seguir defendendo os intereses da veciñanza”.

Un novo espazo verde e estacionamento de balde nas Carolinas

Na mesma sesión plenaria aprobouse tamén a iniciativa defendida polo portavoz municipal Luís Pérez Barral para recuperar o ámbito das Carolinas e transformalo nunha zona verde pública con estacionamento gratuíto. A proposta busca “crear un espazo pensado para as persoas, que favoreza o lecer e a actividade comercial, ao tempo que dá resposta á falta de prazas de aparcadoiro existente na zona”.

Imaxe de arquivo coa presentación da proposta para crear un espazo verde nas Carolinas

O BNG lembrou que hai arredor de quince anos nesta zona do centro urbano había un espazo infantil e prazas de estacionamento, mais coa construción da nova lonxa e a remodelación da fachada marítima realizada polo Concello en 2020, cun investimento duns 450.000 euros, “reducíronse carrís e elimináronse numerosas prazas de estacionamento, agravando un problema xa existente nun barrio con escaseza de garaxes”.

Na actualidade, trala concesión administrativa que permitirá que a antiga lonxa funcione como nave de redes, “ábrese unha oportunidade para crearmos un espazo pensado para as persoas, xa que os redeiros pasarán a estar na antiga lonxa e se precisan facer traballos no exterior, pode empregarse o porto comercial”, salientou o portavoz nacionalista, sinalando que “é o momento de pensar en como devolverlle este espazo á xente das Carolinas”.

O BNG defendeu que este ámbito “debe volver ter un uso veciñal e converterse nun lugar agradábel para pasear, descansar, xuntarse ou levar ás crianzas”. E engadiu: “Demandamos que o PP, a través de Portos de Galiza, deixe de bloquear proxectos que son positivos para á veciñanza de Ribeira e faga a reversión ao Concello dos terreos sen uso vinculado á actividade marítima, medida que facilitaría a realización de eventos sen custos ou procesos burocráticos longos como acontece hoxe en día”.

No caso concreto das Carolinas proponse que o espazo se destine á creación dunha zona verde pública e dunha área de estacionamento gratuíto, algo que permitiría “reverdecer o barrio, crear un lugar de encontro e paliar a falta de prazas para residentes e clientes dos negocios da contorna”.

Pérez Barral subliñou que o proxecto debe deseñarse con criterios de sustentabilidade ambiental, integración paisaxística e accesibilidade: “Queremos un modelo de vila pensado para as persoas, no que o espazo público sexa unha prioridade e contribúa ao benestar colectivo e facilite a actividade comercial”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.