Amicos e CESUGA xuntan forzas en materia sociolaboral

11 Febreiro 2026

A mañá deste mércores, 11 de febreiro, o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA) asinou un convenio con Amicos, asociación inclusiva do Barbanza en materia sociolaboral. Segundo coincidiron, este acordo estratéxico permitirá achegar oportunidades, orientación e acompañamento ás persoas con discapacidade, ao alumnado do centro e á cidadanía da área metropolitana da Coruña.

A sinatura tivo lugar na sede da universidade e contou coa participación de Venancio Salcines, socio director xeral de CESUGA, e de Miguel Beiro, responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, que formalizaron unha colaboración que supón un paso importante para seguir ampliando a rede de apoio no territorio da entidade boirense.

“Grazas a este acordo, CESUGA cede a Amicos un espazo nas súas instalacións, que se converterá nun novo punto de atención desde o que o equipo de Emprego da asociación ofrecerá información, orientación e acompañamento a persoas con discapacidade, estudantes e cidadanía en xeral”, valoraron dende Amicos, engadindo que estamos “ante un servizo integral e individualizado no que construír itinerarios personalizados que favorezan a inclusión social e laboral”.

A presenza de Amicos nun entorno universitario como CESUGA permite achegar este tipo de servizos adaptados a novos colectivos e fortalecer a conexión entre o ámbito educativo, social e profesional.

Beiro informou que este novo punto de atención facilitará o acceso a recursos especializados e contribuirá a crear un entorno máis inclusivo e accesible para todas as persoas. Amais, destacou que “esta alianza permítenos achegar ás persoas da área metropolitana da Coruña unha atención e acompañamento individualizados, a base para construír unha sociedade na que tódalas persoas teñan as mesmas oportunidades, con independencia das súas circunstancias”.

Pola súa banda, Venancio Salcines puxo de relevo o papel da institución: “En CESUGA entendemos que a universidade debe ser un axente activo na transformación social e non unha entidade allea ao seu entorno. Coa sinatura deste convenio, reforzamos o noso compromiso coa inclusión laboral e social, abrindo as nosas instalacións para que se convertan nun punto de apoio real para as persoas con discapacidade, os nosos propios alumnos e toda a cidadanía da área metropolitana de A Coruña”.

Este novo punto de atención súmase á rede de servizos que Amicos ten en Galicia e noutras comunidades, reforzando a nosa presenza e facilitando que cada vez máis persoas poidan acceder a apoio especializado preto do seu entorno. As persoas interesadas en recibir información ou solicitar atención poden contactar a través do correo persoas@amicos.org ou no teléfono 674 095 685.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...