Ambar acolle en Ribeira o programa provincial de realidade virtual “Mergullando sen nos mollar”

11 Febreiro 2026

A asociación Ambar, entidade inclusiva do Barbanza con sede principal en Frións (Ribeira) acolleu este mércores 11 de febreiro pola mañá unha nova sesión do programa Mergullando sen nos mollar, unha iniciativa da área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña que utiliza a realidade virtual para achegar o coñecemento do medio mariño ás persoas con discapacidade.

A deputada de Industria e Emprego, Rosa Ana García, visitou a entidade para coñecer o desenvolvemento da actividade e compartir a experiencia coas persoas participantes. A sesión permitiu explorar fondos mariños galegos mediante imaxes en 360 graos, cun formato sen barreiras e adaptado ás capacidades do grupo.

“As persoas usuarias levan días preguntando, agardando a actividade con moitas ganas e ilusión”, afirmou a presidenta de Ambar, Milagros Rey, que agradeceu a presenza da deputada para participar nesta xornada especial.

Rosa Ana García sinalou que a Deputación continúa a apoiar iniciativas que achegan recursos innovadores ás entidades sociais e que amplían as oportunidades de participación das persoas con discapacidade nunha experiencia inmersiva.

O programa está dirixido a entidades sociais da provincia e adapta os contidos e a duración das sesións ás necesidades de cada centro. O obxectivo é facilitar unha experiencia educativa segura e accesíbel, empregando ferramentas tecnolóxicas que permiten coñecer o patrimonio natural mariño sen necesidade de desprazamentos nin barreiras físicas.

Mergullando sen nos mollar continúa o seu percorrido por distintos centros da provincia da Coruña nas vindeiras semanas.

Mergullando sen nos mollar ofrece ás persoas con discapacidade de dez centros da provincia da Coruña a posibilidade de explorar os fondos mariños de Galicia mediante lentes de última xeración de realidade virtual. “Quen participe”, explica a Deputación, “pode unha experiencia realista nos ecosistemas submarinos máis representativos da nosa costa: bosques de argazos movéndose coas correntes, zonas de bateas con centos de cordas penduradas cheas de mexillóns, polbos e outros animais, agochados nos ocos das formacións rochosas, espirógrafos ou estrelas de mar”.

Ademais do compoñente lúdico, a actividade ten un importante valor educativo. Ao longo de todo o percorrido virtual, as persoas participantes coñecerán aspectos claves da fauna e flora mariña galega, do papel dos ecosistemas costeiros e da importancia de conservar os océanos.

Calquera persoa, con independencia da súa mobilidade ou diversidade sensorial, pode participar da experiencia con comodidade e seguridade. Os contidos audiovisuais, gravados integramente en augas galegas, contáan cunha locución detallada que acompaña ás imaxes, polo que as persoas con discapacidade visual tamén poderán “ver con palabras” o que aparece na pantalla.

Outros artigos

ADEGA denuncia agresións a especies protexidas na illa de Ons

A asociación ecoloxista ADEGA denunciou unha agresión ao patrimonio natural galego nas Illas Atlánticas. En concreto, puxo o foco na destrución de exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción que segundo...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.