ADEGA alerta das importantes perdas de terra que provocan as chuvias tralos incendios (e ante a inacción das administracións)

18 Febreiro 2026

ADEGA lanzou un comunicado no que advirte da inacción das administracións ante as consecuencias dos incendios do pasado verán, consecuencias que non rematan coa extinción dos lumes, xa que as intensas chuvias están a arrastrar inxentes cantidades de terra fértil que non pode ser retida trala desaparición das masas vexetais que as retiñan. Lembran que a vaga de lumes do pasado 2025, “unha das máis intensas da historia de Galiza”, deixou 118.966 hectáreas queimadas segundo a Xunta, unha cifra que o programa Copernicus da UE elevou a 209.281.

ADEGA recorda o comunicado que “a propia Administración autonómica informou que tiñan previsto actuar con labores de amortecemento de impactos e restauración hidrolóxico-forestal nunhas 200 ha, o que supón o 0,16% da superficie oficialmente queimada, ou o 0,09% do detectado polos satélites Sentinel, sistema europeo Copernicus”. Para ADEGA, isto resulta “unha pinga nun océano de erosión”.

Lembran tamén que “despois dun incendio forestal, os montes queimados fican desprovistos de coberteira vexetal, o que provoca que o solo perda a súa estrutura e coherencia e sufra un proceso de forte escorra superficial polas chuvias e ventos intensos durante os temporais”.

Dende finais de 2025, as continuas borrascas agravaron este proceso, ao incidir sobre un territorio sobre o que apenas se realizaron intervencións, co que os arrastres e a perda do substrato rico en nutrientes remata por provocar a desaparición total do solo. “Pérdense así millóns toneladas dun recurso natural non renovábel tan importante e valioso como é o solo”, sinala ADEGA, engadindo que “numerosos lugares, particularmente da provincia de Ourense, estanse a ver afectados polos arrastres de cinzas e sedimentos que as chuvias están a provocar nos montes queimados; ademais estes materiais chegan aos mananciais, regos e ríos provocando turbidez e alteracións da química da auga, o que pon en risco o abastecemento de persoas e animais”.

Para a asociación ecoloxista, “a insuficiente actuación das administracións contribúe a agravar esta situación, malia a ser responsabilidade de Xunta e Confederación Hidrográfica tomar medidas tanto de impacto, para evitar os arrastres e garantir a calidade do subministro de auga; como estruturais, para recuperar a funcionalidade ambiental dos territorios queimados”.

ADEGA, tal e como fixo tras a vaga de lumes coa posta en marcha de iniciativas de voluntariado para a recuperación dos montes queimados, pon a disposición da cidadanía un modelo de denuncia (dispoñíbel en PDF) para “lembrar ás administracións as súas obrigas legais e exixirlles a adopción de medidas urxentes para reverter os efectos das escorrentas”. Trátase de localizar os puntos nos que, como consecuencia de non térense aplicado medidas básicas de protección e restauración, se están a producir arrastres que poden comprometer a calidade das traídas e a funcionalidade dos servizos básicos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.