Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

01 Febreiro 2026

Suspéndese a actividade deportiva no mar e pídese extremar as precaucións ante ondas de ata seis metros

A Xunta de Galicia activará este luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, segundo informou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas e dos bens, a situación foi comunicada a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos provinciais, ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros organismos.

De acordo coa información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeiras horas da mañá. Prevese mar combinada do oeste con ondas de ata seis metros de altura e vento do oeste ou suroeste que poderá acadar forza oito.

Como consecuencia da activación da alerta, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión de toda a actividade deportiva no mar, tanto a correspondente ao programa Xogade como a federada, nos concellos afectados, segundo as previsións dos órganos preditores.

A Xunta insiste na importancia de extremar as medidas de protección e recomenda manterse afastado da liña de costa, especialmente de diques, rompentes e paseos marítimos. Así mesmo, aconséllase reforzar as medidas de seguridade nas actividades marítimas e revisar os cabos e amarres das embarcacións.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.