A Xunta reforza o seguimento dos bancos marisqueiros da ría de Muros-Noia tras os temporais

24 Febreiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo hoxe unha reunión cos patróns maiores das confrarías de Noia, Portosín, Porto do Son e Muros para analizar a situación do sector na ría de Muros-Noia despois dos temporais persistentes das últimas semanas.

No encontro participaron tamén o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez. A responsable autonómica trasladou ao sector a vontade da Xunta de manter un diálogo permanente e un seguimento rigoroso da evolución dos bancos marisqueiros, coa avaliación científica como base para adoptar as mellores decisións.

Durante a xuntanza analizouse a elevada mortaldade rexistrada nalgúns bancos marisqueiros como consecuencia das choivas intensas e continuadas, que provocaron unha baixada prolongada da salinidade na auga. Esta situación afectou especialmente aos bivalvos das autorizacións das confrarías da zona.

A Consellería do Mar explicou as actuacións activadas para avaliar os danos, protexer o recurso supervivente e estudar posibles medidas de recuperación e apoio ao sector afectado. Marta Villaverde subliñou que a Xunta seguirá traballando desde a corresponsabilidade e a cogobernanza co sector para afrontar unha situación complexa, marcada por fenómenos meteorolóxicos extremos, co obxectivo de preservar un sector estratéxico para Galicia e garantir a súa viabilidade a medio e longo prazo.

Reunión do grupo de traballo do marisqueo

Na mesma liña, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro presidiu hoxe a reunión do grupo de traballo de marisqueo, que inicia a cuarta fase do plan de actuación ante eventos de baixa salinidade.

No encontro pechouse o calendario de mostraxes das zonas produtivas, a maioría previstas para a próxima semana aproveitando as mareas favorables. De acordo co protocolo de avaliación de mortalidades elaborado polo Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), as mostraxes intensificaranse nas áreas onde as inspeccións cualitativas detectaron unha incidencia de mortaldade moderada ou severa de bivalvos.

Tamén se analizaron posibles medidas de recuperación produtiva dos bancos, tendo en conta que aínda arrastran os efectos do episodio meteorolóxico extraordinario de 2023. Debido ao ciclo biolóxico dos bivalvos, que precisan entre dous e tres anos para acadar a talla comercial, non foi posible completar a súa recuperación antes desta nova situación adversa.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.