A Xunta mostra aos novos concellos adheridos a SOGAMA o funcionamento do complexo ambiental de Cerceda

05 Febreiro 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañou este xoves 5 febreiro a varios alcaldes dos concellos que se adheriron este ano ao modelo de xestión de residuos da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) na súa visita ao complexo ambiental de Cerceda para mostrarlles a eficiencia e os distintos procesos desenvolvidos nas instalacións.

A responsábel autonómica cualificou de “histórica” a incorporación ao sistema de SOGAMA dos nove concellos que antes trataban os seus refugallos a través da Mancomunidade Serra do Barbanza (Ames, Brión, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Pontecesures, Porto do Son e Rois) pois, segundo dixo, “permitirá que os residuos da súa veciñanza sexan xestionados de xeito sostíbel, solvente e con todas as garantías, en liña co que establece a normativa vixente”.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, e polo presidente de SOGAMA, Javier Domínguez, subliñou que con “estas adhesións a empresa pública dependente da Xunta xa xestiona os residuos domésticos de 304 dos 313 concellos galegos, ofrecendo un servizo da máxima calidade aos seus máis de 2,3 millóns de habitantes”.

A conselleira dixo tamén que “malia que a xestión dos residuos é unha competencia municipal, a Xunta ofrece todo o seu apoio e colaboración aos concellos na xestión dos residuos” e engadiu que “o Executivo galego mobilizou nos últimos anos investimentos por importe de 103 millóns de euros co obxectivo común de axudar ás entidades locais galegas neste eido, un esforzo co que contribuíu tamén a paliar o impacto nas arcas municipais das decisións adoptadas nos últimos meses polo Goberno central”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.