A Xunta e as confrarías avalían a preocupante situación dos bancos marisqueiros tras as intensas choivas das últimas semanas

04 Febreiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo este mércores 4 de febreiro unha reunión cos presidentes da Federación Galega e das federacións provinciais de confrarías de pescadores para abordar, entre outras cuestións, o seguimento dos parámetros de interese dos bancos marisqueiros tras as fortes precipitacións rexistradas nas últimas semanas e o avance na elaboración dun baremo para o marisqueo a pé.

Villaverde dixo que o obxectivo principal da reunión foi analizar, xunto cos representantes das confrarías,” unha proposta de baremo para a concesión dos permisos de marisqueo a pé co fin de avanzar cara a un documento consensuado que dea cobertura ás distintas confrarías galegas”.

A titular de Mar sinalou que o Goberno galego aposta por “acordar co sector unha proposta definitiva que permita garantir un acceso equilibrado e ordenado á actividade, limando os aspectos que aínda están pendentes de concreción”.

Durante o encontro, tamén se abordou o seguimento de parámetros, como a salinidade, que poden afectar ao estado dos bancos marisqueiros como consecuencia da elevada achega de auga doce derivada das choivas persistentes das últimas semanas. A consellería explicou que “aproveitando a presenza das federacións provinciais e da autonómica, analizouse conxuntamente a evolución previa dos bancos, a súa situación actual e as actuacións de seguimento que se están desenvolvendo”.

Villaverde destacou que os técnicos da Consellería do Mar “están a realizar un control continuo dos principais parámetros ambientais que poden afectar ao recurso, como a temperatura, o pH ou a salinidade das augas, co obxectivo de avaliar os posibles riscos para a supervivencia e viabilidade dos moluscos”.

A conselleira do Mar subliñou que, aínda que Galicia sempre rexistrou episodios prolongados de choiva, “a intensidade e duración das precipitacións actuais obriga a manter unha especial vixilancia sobre os bancos marisqueiros”. Por iso, explicou que “a Xunta continuará monitorizando a súa evolución e compartindo os datos co sector para adoptar, de ser necesario, as medidas máis axeitadas”.

Dixo tamén que a Consellería do Mar volverá reunirse coas confrarías unha vez se dispoña dunha avaliación máis completa da situación do recurso, co fin de analizar de maneira conxunta as actuacións que se poidan poñer en marcha.

Outros artigos

Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde. As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.