A Xunta de Galicia renova o seu apoio á Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para fortalecer o oficio

25 Febreiro 2026

A Xunta de Galicia vén de renovar o seu apoio á Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao coa sinatura dun novo convenio de colaboración para o ano 2026, co obxectivo de fortalecer un oficio clave para o sector do mar.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, formalizou o acordo en Santiago de Compostela, que contempla unha achega de 10.000 euros destinada a sufragar gastos correntes derivados da actividade ordinaria da entidade. Con esta nova contribución, o investimento acumulado do Executivo autonómico desde o ano 2017 acada os 122.000 euros.

Durante o encontro, a titular de Mar puxo en valor o papel estratéxico das redeiras dentro da cadea mar-industria, subliñando a súa importancia para garantir a seguridade, a eficiencia e a sustentabilidade das artes de pesca. Así mesmo, reiterou o compromiso do Goberno galego coa dignificación, visibilización e fortalecemento deste colectivo profesional.

A Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, creada no ano 2004 e con sede en Malpica de Bergantiños, integra actualmente oito asociacións ao longo do litoral galego e representa arredor de 150 profesionais. Entre os seus principais obxectivos figuran a mellora das condicións laborais e económicas das redeiras, a loita contra o intrusismo, o fomento da prevención de riscos laborais, a promoción da igualdade e o impulso do relevo xeracional.

Desde a Consellería do Mar destacan a importancia desta colaboración para avanzar na profesionalización do oficio, reforzar a súa competitividade e garantir o futuro dun sector tradicional e imprescindible para a actividade pesqueira galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.