A veciñanza de Muros con necesidades de autonomía poderá adquirir temporalmente material adaptado de balde

02 Febreiro 2026

O Concello de Muros puxo en marcha o pasado verán o seu banco municipal de material adaptado, un servizo que está funcionando con éxito e reforza agora co banco solidario de préstamo de materiais adaptados.

Neste caso, trátase dun servizo municipal para recoller doazóns de materiais adaptados en bo estado e prestalos de balde a outras persoas en situación de dependencia ou discapacidade en Muros.

“Unha iniciativa da área municipal de Servizos Sociais que impulsa a solidariedade comunitaria e contribúe á redución de custos para as familias, fomenta a sostibilidade, a rapidez á hora de atender as necesidades que xurdan e a mellorar en xeral dos servizos sociais”, asegura a alcaldesa de Muros, María Lago.

“A diferenza do banco que puxemos en marcha no verán, con material aportado polo Concello, neste caso promovemos a doazón de materiais ortoprotésicos ou axudas técnicas en bo estado cando xa non se necesitan”, explica Mario Martínez Lago, concelleiro de Servizos Sociais.

“Desta forma, melloramos a vidas das persoas dependentes e axudamos ao persoal do Servizo de Axuda no Fogar”, engaden a alcaldesa e o concelleiro de Servizos Sociais.

Poden beneficiarse deste novo banco as persoas residentes en Muros con necesidades de autonomía persoal, avaliadas polos Servizos Sociais. O préstamo é temporal, para axudar en situacións de dependencia.

Pódense doar camas hospitalarias; guindastres articulads; cadeiras de rodas; muletas e andadores; colchóns antiescaras; cadeiras de baño, e outros materiais necesarios para as perdoas dependentes. O persoal do concello encargarase da recollida e a entrega do material.

Para realizar unha doazón, é necesario contactar coa concellería de Servizos Sociais: 981 762 465 ou servizos.sociais@muros.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.