A Policía Local Rianxo intensificou a vixilancia ante o aumento dos delitos contra o patrimonio e o tráfico de drogas

09 Febreiro 2026

A Policía Local de Rianxo fixo balance do seu traballo recente en materia de vixilancia da seguridade cidadá, un labor que foi intensificado con motivo dun aumento dos delitos contra o patrimonio que se estaban a producir, así como tamén ao detectarse un incremento de problemas derivados do tráfico e consumo de sustancias estupefacientes.

Os axentes informaron que “como resultado do aumento da presenza policial nas zonas onde se estaban a detectar os feitos anteriormente sinalados, así como tamén do control de vehículos que puideran resultar ser de interese policial”, efectuáronse diversas actuacións e puidéronse diminuír os furtos e roubos que se estaban a producir nos establecementos comerciais.

Procedeuse á incautación de diversas doses de sustancias estupefacientes, así como tamén de diversas armas perigosas que portaban na vía pública varias persoas que foron identificadas e denunciadas administrativamente por isto, “solucionándose deste xeito os problemas que se estaban a xerar en varios lugares polo presunto tráfico de drogas que se estaba a producir”, informou a Policía Local, engadindo que dos vehículos que foron controlados, interceptáronse catro condutores que deron positivo nas probas de drogas ás que foron sometidos, tramitándose as denuncias administrativas oportunas.

Ademais tramitáronse outras denuncias administrativas relativas a deficiencias na documentación de varios vehículos e doutros condutores que foron controlados.

Tamén se procedeu á investigación de dous condutores por presuntos delitos contra a seguridade viaria, un deles por negarse a realiza a proba de drogas e ausentarse dun control, e outro por conducir con unha perda de vixencia do seu permiso pola perda total de puntos, sendo remitidos os atestados realizados ao Tribunal de Instancia e Instrución de Padrón.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.