A Policía Local rianxeira informou de dous accidentes con danos materiais en Taragoña e na propia vila de Rianxo

16 Febreiro 2026

A Policía Local de Rianxo informou este domingo 15 de febreiro de dous accidentes de circulación con danos materiais no termo municipal: dous sinistros con saída de vía nos que, por fortuna, non houbo que lamentar feridos, unicamente danos materiais.

En ambos casos, os condutores deron positivo nas probas de alcoholemia e o factor velocidade estivo tamén presente nos feitos.

O primeiro accidente tivo lugar ás 09:00 horas na autovía AG-11, á altura da saída de Taragoña.

O condutor arroxou unha taxa de alcoholemia constitutiva de infracción administrativa, polo que foi denunciado conforme á normativa vixente.

O segundo produciuse ás 09:15 horas na rúa Rinlo. O condutor, tras chocar contra unha maceta e desprazala preto de 30 metros ao saírse da vía, intentou abandonar o lugar. Puido circular case 200 metros máis ata quedar finalmente parado, sendo localizado polos axentes. Na proba de alcoholemia arroxou unha taxa constitutiva de delito, polo que se instruíron dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria.

En ambas actuacións tamén participaron axentes da Guardia Civil A Coruña e persoal dos A D C Bombeiros Boiro.

A Policía Local de Rianxo aproveitou para poñer o foco “na importancia de non conducir baixo os efectos do alcohol e de respectar os límites de velocidade”. A responsabilidade ao volante é fundamental para garantir a seguridade de todas e todos, engadiron.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.