A Policía de Rianxo identifica ao autor de varios roubos recentes en establecementos da vila

26 Febreiro 2026

A Policía Local de Rianxo emitiu un comunicado no que sinala que xa foi identificado grazas ás cámaras de seguridade o suposto autor dos furtos recentes levados a cabo estes últimos días en supermercados e noutros establecementos da localidade de Rianxo, nos cales presuntamente estaría implicado un varón de 43 anos, que conta con antecedentes por delitos contra o patrimonio e outros ilícitos penais.

“Este individuo xa puido ser identificado e localizado tras a comisión dalgún destes feitos, sendo recuperados os produtos que portaba nese momento”, sinalaron os axentes, engadindo que “polos feitos acontecidos xa se instruíron dilixencias por presuntos delitos leves de furto, para seren remitidas ao Xulgado para a súa tramitación”.

No comunicado a Policía Local recorda que está a intensificar o seu labor preventivo e a incrementar a presenza de axentes nas rúas co obxectivo de disuadir este tipo de feitos e reforzar a seguridade no comercio. O obxectivo de informar desta situación, sinalan, “e contribuír a que os comerciantes adopten as medidas preventivas que consideren oportunas e, no caso de seren vítimas dalgún feito semellante, presenten a correspondente denuncia, xa que isto é fundamental para continuar coas actuacións policiais e xudiciais correspondentes”. Así mesmo, advirten de que a adquisición de produtos de dubidosa procedencia, cando se coñeza ou se poida sospeitar a súa orixe ilícita, “pode constituír un presunto delito de receptación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.