A Pobra celebra o Día de Rosalía cun programa lúdico para achegar a súa figura ás crianzas

18 Febreiro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará o Día de Rosalía cunha programación na que se aposta por achegar a literatura galega e a figura da escritora ás crianzas dun xeito didáctico e lúdico, implicándoas na promoción da cultura galega a través da participación e o xogo.

Tal e como asegurou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, durante a presentación “a nosa intención é que os pequenos e pequenas se acheguen á figura de Rosalía de Castro dun xeito divertido, no que xogar e aprender van da man”. Ademais, salientou, “esta actividade permite implicar ao comercio local e aos centros educativos nun proxecto común”.

A programación inclúe o xogo-concurso As sete Rosalías, unha proposta que xa se levou a cabo en diferentes edicións e que goza de moi boa acollida entre os escolares. Do 19 ao 27 de febreiro os escaparates de diferentes establecementos do municipio terán exposta a silueta recortada coa forma de Galicia co rostro da intelectual no seu interior. O reto do alumnado de Educación Primaria é localizar sete versións diferentes da imaxe, xa que presenta pequenas variacións. Unha vez identificadas, deberán anotar a diferenza e en que local se atopaba.

Como peche da actividade, o día 6 de marzo celebrarase un sorteo de varios agasallos nos colexios participantes.

O propio día de Rosalía de Castro, conmemorado o 23 de febreiro, terán lugar os actos centrais da programación na praza homónima. A xornada comezará ás 11:45 horas cunha actuación de música tradicional a cargo do grupo Xiada e continuará ás 12:00 horas cun recital de poesía do alumnado de Primaria.

Durante o acto realizarase tamén unha ofrenda foral e subministrarase o Caldo de Groria, para que todas as persoas que participen no acto poidan degustalo. Trátase dun encontro aberto á veciñanza co que se busca poñer en valor a figura de Rosalía de Castro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.