A historia real dos traxes tradicionais de Galicia centran unha mostra no Son

02 Febreiro 2026

A Casa da Cultura de Porto do Son acolle ata o 27 de febreiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 h, a mostra Exposición didáctica de traxes tradicionais de Galicia e o falseamento histórico na folcrorización.

Esta exhibición, na que a entrada é de balde, contou coa investigación e realización de M. Susana Peleteiro Fernández. Ao longo de varios anos, Susana Peleteiro, foi elaborando unha colección de traxes tradicionais e textos nos que resume a historia real e a ficticia da vestimenta do pobo dende o século XVIII ata o inicio do XX.

Esta exposición pretende amosar este rico patrimonio dende unha perspectiva de información necesaria para a posta en valor dun legado que é algo máis que o produto de diversos oficios: a vestimenta sempre foi, é e será unha segunda pel que fala hoxe de cada quen, pero que falaba máis naqueles tempos en que polas pezas levadas e polo xeito de poñelas indicaba procedencia xeográfica, estado civil, nivel social, oficio, etc.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.