Sol Agra Tuñas presentou as actividades que desenvolverá a Deputación con motivo do 8M

27 Febreiro 2026

A Deputación da Coruña presenta este ano un 8M centrado na memoria histórica e no papel das mulleres nas loitas sociais e laborais, reivindicando o seu protagonismo na transformación das comunidades e na conquista de dereitos. A programación pon o foco na visibilización das mulleres que sostiveron procesos colectivos fundamentais (como a reconversión naval de Ferrolterra ou as mobilizacións do século XX) e reforza a idea de que a igualdade real require un compromiso continuo e compartido.

“Queremos incidir na resistencia, resiliencia, sororidade e no poder colectivo das mulleres para o avance social”, indicou a deputada de Igualdade, Sol Agra, hoxe na presentación das propostas, nunha rolda de prensa na que tamén participou a xefa de Sección, Eva Ovenza.

A imaxe da campaña deste Día Internacional da Muller foi deseñada pola cooperativa Cestola na Cachola e pretende reflectir os diferentes contidos que se programarán.

Unha das iniciativas desenvolvidas terá como protagonistas as mulleres durante a reconversión naval dos oitenta e noventa na comarca de Ferrolterra. “

Queremos poñer en valor e traer á memoria colectiva o papel das mulleres na forza produtiva, na loita colectiva e nos coidados e na transformación industrial da bisbarra», afirmou a deputada de Igualdade. «É un acto de xustiza poñer en valor o seu papel, que foi silencioso e case invisíbel para os libros de historia, pero imprescindíbel”, incidiu.

Mulleres da Reconversión consiste nunha serie de encontros con mulleres da contorna para investigar, por medio de entrevistas, o seu papel naquela etapa histórica. A raíz desa información elaborarase unha exposición e un vídeo documental, que se presentará en Fene o vindeiro 6 de marzo.

A deputada anunciou tamén un circuíto de actividades de igualdade que se desenvolverán na maioría dos concellos da provincia ao longo destes meses. «Será un programa constante porque a igualdade, como a eliminación da violencia de xénero, non é cousa de datas sinaladas; é un traballo diario de visibilización, prevención e concienciación».

As propostas incluirán obradoiros, teatro, curtas, contacontos e outras actividades para público infantil e adulto, da man de compañías, asociacións e artistas que desenvolven o seu traballo arredor da igualdade, do feminismo e dos dereitos das persoas con diversidade sexual e de xénero.

Exposición Sinaladas

Ademais, do devandito, a exposición Sinaladas, agora adaptada para poderse exhibir en interiores, estará en datas vindeiras ao dispor das entidades e concellos que o soliciten a través da plataforma SUBTEL da Deputación.

A comisaria e responsábel dos contidos da mostra, Montse Fajardo, acudirá á presentación en cinco concellos da provincia en datas aínda por confirmar. Sinaladas é, en palabras de Sol Agra, “unha homenaxe ás mulleres que formaron parte das loitas sociais desde o século XIX en Galiza e que non apareceron nos libros de historia: das agraristas e as cigarreiras ás represaliadas durante o golpe de Estado do 36 e a Ditadura. Unha visibilización e homenaxe necesarias ás mulleres que loitaron para que gocemos dos dereitos que hoxe temos”.

Para poñer o ramo á programación deste ano, o día 7 de marzo, no Pazo da Cultura de Carballo, celebrarase o concerto do décimo aniversario do grupo De Vacas. O espectáculo, titulado Vacanal Sinfónica, contará con arranxos e dirección musical do compositor Lucas Rei, coa participación do Coro da Ra baixo a dirección de Ramón Bermejo e dunha orquestra creada especificamente para este proxecto.

Con concerto, o departamento de Igualdade provincial quere mandar, segundo Agra, “unha mensaxe de feminismo reivindicativo cun formato musical e lúdico, que chegue á poboación desde a retranca irreverente de Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, subliñada pola guitarra de Guille Martínez”.

Todas as actividades do programa enmárcanse nun Plan Provincial, con máis de 170 accións, que é “unha folla de ruta e que ten vixencia ata outubro deste ano”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.