A Deputación licita por 529.430 euros a renovación da capa de rodaxe da estrada DP-6202 de Outes

19 Febreiro 2026

A Deputación da Coruña publicou a licitación das obras de mellora da capa de rodaxe da estrada DP-6202, que vai de Outes ata a AC-400 por Valadares.

O proxecto ten un orzamento de 529.430,76 euros, destinados á renovación da pavimentación do tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+358 e 4+498. As actuacións contempladas abranguen os traballos de preparación da vía, como a limpeza das beiravías, a roza das marxes, a apertura de cunetas e poda de árbores, e a execución de varios tramos de dique en zonas con desprendementos de noiros entre os puntos 3+105 e 3+350.

Unha vez acondicionado o treito, procederase á súa pavimentación, así como á reposición das marcas viarias do eixo, dos bordos e das inscricións. A sinalización vertical, o balizamento e os elementos de defensa necesarios tamén serán instalados de novo na vía.

A Deputación explicou que este proxecto “súmase ao resto de obras de mellora viaria que está a executar a entidade provincial durante o exercicio 2026, atendendo ás necesidades e demandas dos concellos da provincia da Coruña”. Esta liña de actuación ten como “fin mellorar a seguridade viaria, tanto para o tránsito de vehículos como para os peóns”. O prazo de presentación das ofertas está aberto e estenderase ata o 11 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.