A Deputación concede 400.000 euros en subvencións para persoal en museos (con axudas para A Pobra, Boiro, Lousame, Muros, Outes, O Son, Rianxo e Ribeira)

13 Febreiro 2026

A Deputación da Coruña vén de aprobar provisionalmente a concesión de subvencións do programa FO216, dirixido a concellos e entidades locais para financiar os gastos de persoal técnico encargado da atención de museos e centros museísticos ao longo de 2026. Un total de 20 concellos resultan beneficiarios destas axudas, que suman 399.088 euros e teñen como finalidade reforzar a atención ao público, a dinamización cultural e a correcta xestión dos equipamentos museísticos municipais.

Os concellos beneficiados son A Laracha, A Pobra do Caramiñal (Museo Valle-Inclán), Betanzos, Boiro (Centro Arqueolóxico de Neixón e Pazo de Goiáns), Camariñas, Carballo, Carnota (Caseta de Pepe do Curro), Cerceda, Laxe, Lousame (Minas de San Finx), Moeche, Muros (Centro de interpretación do Muíño de Marea), Oleiros, Outes, Ponteceso, Porto do Son (Museo Marea), Rianxo (Museo do Mar), Ribeira (Museo Municipal de Ribeira), Valdoviño, Vimianzo. Poderán destinar este apoio ao mantemento e contratación de persoal técnico para os seus centros museísticos, museos locais, centros de interpretación ou ecomuseos.

Con estas axudas, a Deputación da Coruña continúa a súa aposta por consolidar e promover a oferta cultural da provincia, apoiando directamente os gobernos locais na xestión dos recursos humanos necesarios para a atención dos seus espazos museísticos ao servizo da cidadanía e da dinamización cultural.

Para consultar a listaxe completa de concellos beneficiados e os importes asignados a cada un, pódese consultar a resolución íntegra no Boletín Oficial da Provincia.

Museo do Mar de Rianxo

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.