A Consellería do Mar comparte coas confrarías as alegacións para evitar que a anguía sexa declarada en perigo de extinción

11 Febreiro 2026

A Consellería do Mar non quere que a anguía sexa declarada en perigo de extinción polo Goberno (dende a Xunta din que non hai evidencias de devalo na poboación desta especie, e dende o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico esgrimen que si que as hai e que cómpre pór en práctica medidas restritivas que a protexan).

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, co obxectivo de trasladar os seus argumentos ao sector, mantivo este mércores 11 de febreiro unha reunión coas confrarías afectadas pola proposta do MITECO para incluír a anguía no listado de especies en perigo de extinción, unha decisión que en palabras da conselleira, implicaría a prohibición da súa pesqueira.

A titular de Mar explicou que foi a propia Xunta quen trasladou ao sector a convocatoria da Comisión estatal de Flora e Fauna na que se abordará esta cuestión, iniciando así unha rolda de contactos coas entidades máis representativas da actividade en Galicia. Neste sentido, lembrou que na comunidade existen tres plans de explotación específicos —nas rías de Vigo, Arousa e Ferrol— que afectan directamente a confrarías como as de Arcade, Carril e Ferrol, nas que hai embarcacións que dependen en exclusiva desta pesqueira.

Villaverde subliñou que “o sector realizou nos últimos anos un importante esforzo de adaptación ás esixencias normativas, con medidas cada vez máis restritivas que inclúen ampliación dos períodos de veda, limitación dos días de actividade e establecemento de cotas de captura”.

Segundo explicou, “o control e monitoraxe da actividade demostran que o recurso está a ser xestionado en Galicia de maneira responsábel e sustentábel”.

A titular de Mar dixo tamén que “a proposta estatal implicaría unha prohibición circunscrita a España mentres outros países da Unión Europea poderían continuar explotando este recurso, o que xeraría unha situación de clara desvantaxe competitiva para o sector galego”.

Amais, incidiu en que a sustentabilidade “debe abordarse desde unha visión integral que teña en conta non só a dimensión ambiental senón tamén a social e económica, especialmente en territorios costeiros onde esta actividade constitúe unha fonte de emprego e fixación de poboación”.

Engadiu que “a iniciativa estatal se retome sen novos informes técnicos que a avalen e recordou que propostas semellantes xa foron rexeitadas anteriormente polo conxunto das comunidades autónomas”.

A Consellería do Mar presentou alegacións formais á proposta do MITECO, nas que solicita “a retirada da declaración de especie en perigo de extinción e reclama que calquera decisión se basee en informes científicos actualizados, nunha análise diferenciada por territorios e nun proceso real de diálogo coas comunidades autónomas e co propio sector”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.