A Concellería de Promoción Económica da Pobra e CONGALSA entregan a viaxe a Eurodisney

05 Febreiro 2026

A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal e a empresa local CONGALSA, referente galego e estatal en alimentación, fixeron entrega na mañá deste xoves 5 de febreiro da viaxe familiar a Eurodisney a Iván Fidalgo Boo, gañador do sorteo realizado no marco da campaña comercial de Reis, posta en marcha para dinamizar o comercio local durante estas datas.

A concelleira responsábel desta área, Amparo Cerecedo, destacou “o éxito da campaña, na que participaron máis de 40 establecementos comerciais da Pobra e na que se repartiron uns 4.500 pasaportes”.

Ao mesmo tempo, sinalou, “proporcionamos a oportunidade a unha familia de viaxar a Disneyland París e mergullarse de cheo na maxia que caracteriza ao parque”.

Ademais, a edil tamén agradeceu a colaboración de CONGALSA, que asumiu o financiamento do premio, e puxo en valor “a importancia da cooperación para impulsar accións que repercutan directamente no noso comercio”.

Pola súa banda, Irene Souto, adxunta á dirección de Relacións Institucionais da compañía alimentaria, destacou que “para CONGALSA xa é unha tradición colaborar nesta iniciativa, xa que brindar o noso o apoio ao tecido comercial local e á sociedade son piares fundamentais” e felicitou “ao agraciado por esta experiencia, que desexo que desfrute ao máximo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.