A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza homenaxea os boirenses fusilados en 1937

20 Febreiro 2026

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza organiza esta fin de semana unhas xornadas de homenaxe aos veciños de Boiro fusilados en febreiro de 1937 e soterrados no cemiterio de Boisaca.

A primeira xornada terá lugar o sábado 21 no Pazo de Goiáns, onde a partir das 11.00 horas se celebrarán distintas conferencias centradas na memoria histórica e na recuperación da dignidade das vítimas do franquismo. A programación continuará cun rueiro da memoria polas rúas de Boiro, co obxectivo de lembrar os feitos e ás persoas represaliadas.

A segunda xornada desenvolverase o domingo 22 de febreiro cunha homenaxe solemne no Cemiterio de Boisaca, lugar onde foron enterrados os boirenses fusilados.

Para facilitar a asistencia, a Comisión disporá dun autobús con saída desde Ribeira e paradas en Palmeira, Escarabote, A Pobra, Boiro e Rianxo. Co fin de organizar a viaxe, a entidade solicita ás persoas interesadas que comuniquen previamente a súa intención de participar, indicando tamén a parada na que desexan ser recollidas. Desde a organización animan á veciñanza da comarca a sumarse a estes actos de memoria, lembranza e xustiza histórica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.