A Casa da Cultura Outes acolle o espectáculo “Cirkote” o vindeiro 14 de febreiro

06 Febreiro 2026

O sábado 14 de febreiro a Casa da Cultura de Outes acollerá o espectáculo Cirkote, a cargo de Kote Malabar. Será ás 19.00 horas, con entradas da dispoñíbeis na Casa da Cultural ou a través da web bandoticket.com.

Cirkote é un espectáculo de circo de rúa e teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.

Kote Malabar leva preto de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións por festas, feiras, festivais e demais actos lúdicos e de entretemento. No espectáculo que vai representar en Outes combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación, nunha relación directa actor-público.

A peza foi distinguida co Premio Manuel Lago de recoñecemento e impulso do novo circo galego 2025. Trátase dun espectáculo recomendado para público infantil e familiar (para maiores de 4 anos).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.