A Casa da Cultura de Lousame acolle este venres un concerto de música popular iberoamericana e galega do grupo A Misela

18 Febreiro 2026

O Concello de Lousame organiza un concerto de música popular iberoamericana e galega da man do grupo A Misela, formación musical con sede en Noia e creada no ano 2011. Unha actuación que terá lugar este venres 20 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame. A entrada é totalmente gratuíta, sendo necesario anotarse previamente a través de Bandoticket.com.

Con esta actuación, o grupo noiés dá comezo a un ciclo de concertos denominado Os Sons da Misela, que os levará a actuar tamén noutros escenarios como Outes e Malpica. Baixo a dirección musical do profesor Alejandro Guillermo, A Misela combina voces masculinas con acompañamento instrumental, creando unha sonoridade única e emotiva. En Lousame ofrecerán unha actuación baseada en música popular galega e iberoamericana. O concerto está organizado polo Concello de Lousame, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Screenshot

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.