A borrasca Leonardo deixará chuvias intensas, sarabia e refachos moi fortes nas Rías Baixas e en Santiago

04 Febreiro 2026

As Rías Baixas e a comarca de Santiago afrontarán este xoves unha xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica derivada da borrasca Leonardo, situada ao oeste de Irlanda, que enviará cara a Galicia unha fronte fría activa nas primeiras horas do día.

Prevese unha mañá con ceos moi nubrados e chuvias persistentes, localmente fortes, que poderán vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia. Pola tarde, as precipitacións darán paso a episodios de chuvascos intermitentes, sen descartar treboadas puntuais.

A cota de neve situarase ao final do día arredor dos 1.100 metros, con descensos puntuais que poderían afectar ás zonas de montaña do interior da provincia de Pontevedra. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que os valores máximos se manterán sen cambios significativos.

Os ventos do suroeste soprarán fortes en xeral, con refachos moi fortes no litoral das Rías Baixas e en zonas altas do interior, o que podería complicar a circulación en estradas costeiras e accesos ás montañas.

meteogalicia

O noso mar: vento do sudoeste, forza 5 a 7 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Media vaga. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 4.5 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.