A ANPA do CEIP O Grupo celebrou unha gran festa de Entroido (e anunciou asemblea xeral para o 6 de marzo)

16 Febreiro 2026

O pasado venres 13 de febreiro, a ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira celebrou no pavillón do colexio unha Xornada de Entroido con monitorado e animación, xogos populares, inchábeis variados, obradoiros de globoflexia e tatuaxes infantís.

Ademais, o programa incluíu un espectáculo de maxia a cargo de Dani García con Don Gelati e merenda con doces típicos do Entroido, espectáculo e moita diversión. 

A celebración desenvolveuse dende as 17 ata as 20:30 h con grande éxito de participación, aproximadamente medio milleiros de persoas, na súa maioría cativos de 3 a 13 anos, alumnado do colexio pero tamén nenas e nenos de Ribeira.

A ANPA agradeceu o apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Ribeira a través da liña de subvencións anuais destes organismos así como á dirección do CEIP O Grupo a súa dispoñibilidade e colaboración loxística.

Ademais de todo o devandito houbo máquina de flocos de millo a disposición dos presentes na celebración, rosquillas de Entroido e carrapito da Maricola.

Asemblea xeral

Por outro lado, a ANPA comunicou que vai celebrar unha asemblea xeral de socias e socios, que a día de hoxe son 130 que representan a outras tantas familias e a 340 alumnos do colexio; o vindeiro venres 6 de marzo, ás 16:30 h en primeira e ás 17:00 h en segunda convocatoria, na Aula de Aprendizaxe do edificio da vella comisaría, no recinto escolar. 

A orde do día é a seguinte:

1.-Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior.

2.-Aprobación, si procede, da conta xeral de 2025.

3.-Proxecto anual para 2026 e estado de subvencións e servizos.

4.-Estado actual en recursos humanos e obras do colexio.

5.-Convocatoria de eleccións, apertura de candidaturas cara o período 2026-2028.

6.-Rogos e preguntas.

A asociación tamén comunicou que se volveu enviar unha nova solicitude de melloras á Xefatura Territorial de Educación, tanto de incremento de persoal en NEAE, coidador e apoios como en obras necesarias tales como a renovación integral da cuberta do edificio de infantil, o pintado exterior do edificio principal, a mellora integral do edificio da vella comisaría, a renovación e arranxo do pavillón deportivo e o arranxo do patio exterior, entre outras, “sen ter contestación algunha por parte deles, nin a este escrito nin aos enviados en setembro e outubro de 2025, xa que non se puxeron en contacto coa ANPA en ningún momento e sempre tivemos resposta ás nosas demandas a través de terceiros, ou ben a través da dirección do colexio ou a través dos medios de comunicación, xa que nin a inspectora educativa, nin o xefe territorial nin o conselleiro non quixo recibir nin nos chamou a día de hoxe”.

Ao que engadiron: “Estamos polo tanto, ao igual que o ano pasado, estudando a posibilidade de volver recadar o ampara da Valedora do Pobo, que xa o ano pasado requiriu en catro ocasións que contestasen aos nosos escritos sen éxito ningún como xa fixemos público no seu día”.

Lembraron, iso si, que tiveron coñecemento dos detalles da moción que o grupo socialista local e o seu voceiro, Francisco Suárez-Puerta, presentou no Concello para debater no vindeiro pleno ordinario da Corporación municipal previsto para o 23 de febreiro e nesta moción solicítase o apoio da Corporación para instar á Xunta de Galicia a facer as melloras antes citadas. Respecto desta proposta, a ANPA anunciou o seu apoio á mesma, “porque é o mesmo que levamos solicitando os últimos anos, publicamente e a través de escritos oficiais, incluso con mobilizacións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...