“21 vítimas e catro anos de espera: o Villa de Pitanxo na memoria” – Antón Luaces

22 Febreiro 2026

O sol acompañou ás familias dos 21 falecidos no afundimento, vai catro anos do pesqueiro de Marín  Villa de Pitanxo. Foi na homenaxe que, para as vítimas do naufraxio deste buque rexistrado o 15 de febreiro de 2022 en augas de Terranova, se celebrou onte, sábado, en Marín, organizado polas familias dos náufragos. Un funeral en demanda dunha xustiza que xa debería terse aplicado por máis que se tenten xustificar as moitas irregularidades rexistradas nesta marea do barco de Pesquerías Nores. 

Unha homenaxe sentida, necesaria e sinxela: unha ofrenda de flores, unha misa e un  silencio que doía porque, como dixo o Defensor do Pobo, Ángel Gabilondo, presente no acto, na dor pouco se pode dicir para xustificar os motivos “para traballar e lo¡tar en defensa da verdade”.   

É necesaria a verdade que, supostamente, se oculta, relativa a que foi o que pasou a bordo do Villa de Pitanxo naquela infausta noite que marcou un antes e un despois na conciencia colectiva da familia mariñeira.  Canto se calou, como se ocultou boa parte do acontecido durante o sinistro e, posteriormente, como se disfrazaron os feitos para xustificar o inxustificable.

A decisión da Audiencia Nacional de enviar a xuízo ao patrón do barco e os administradores da empresa armadora por homicidio por imprudencia grave e un delito contra os dereitos dos traballadores abre novas posibilidades de afondar nos por que de tanto silencio diante da insistente reclamación de verdade e xustiza. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.