O Concello de A Coruña e a RAG recuperan as inéditas ‘Rimas populares de Galicia’ de Murguía

05 Febreiro 2026

A Coruña acolleu este mércores, 4 de febreiro, a presentación do libro As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía, do investigador Diego Rodríguez González, unha publicación que ve a luz coincidindo co cabodano do célebre escritor e historiador coruñés.

O acto celebrouse na Casa Museo Casares Quiroga e contou coa participación do concelleiro de Cultura e Turismo da Coruña, Gonzalo Castro, do autor, e do presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo. O Concello colabora con esta edición xunto á institución académica.

Durante a presentación, Castro destacou que “un dos compromisos culturais da alcaldesa coruñesa, Inés Rey é poñer en valor o traballo dos grandes autores e autoras galegas, colaborando con institucións como a RAG para achegar o seu legado á cidadanía”.

A obra recupera un proxecto editorial inacabado de Manuel Murguía, quen non chegou a publicar en vida as súas Rimas populares de Galicia. O escritor traballou durante anos nesta recompilación de textos da tradición oral, recollidos a través de colaboradores e correspondentes, sen realizar traballo de campo directo. A súa intención era inserilos no amplo contexto bibliográfico e histórico da cultura popular europea.

Os materiais sobre os que se basea o estudo de Rodríguez avanzaron ata un momento de redacción moi desenvolvido e chegaron a dispoñerse para a imprenta, aínda que nunca se materializou a edición. Parte destes textos foron conservados en versións parciais por Lois Carré, Florencio Vaamonde e nas poucas páxinas autógrafas que se gardan entre os fondos da Real Academia Galega e da Fundación Barrié.

Segundo o autor, este legado —“cuestionado en múltiples ocasións, pero indubidablemente auténtico”— é fundamental para afondar no coñecemento da poesía popular galega e mesmo para revisar os esquemas aceptados do romanceiro hispánico e da tradición oral europea.

RAG

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.