Xosé Regueira convida a visitar a provincia da Coruña aproveitando o potencial do turismo vencellado á astronomía

22 Xaneiro 2026

O vicepresidente da Deputación da Coruña e responsábel de Turismo e Promoción Económica, Xosé Regueira, reivindicou este xoves 22 de xaneiro “o gran proxecto turístico” da institución na feira internacional FITUR, en Madrid. Trátase dunha proposta singular, dixo, engadindo que toma como eixo central a eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto, “pero acompañada dunha visión científica e dunha mensaxe que procura tanto atraer visitas como concienciar”. Xosé Regueira puxo en valor “a capacidade de atraer visitas do turismo ligado á astronomía, o astroturismo”. Fíxoo acompañado de voces autorizadas na materia, como a profesora da USC Begoña Nicolás, docente das áreas de Astronomía e Astrofísica; Yolanda Díaz, presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte; e José Romero, guía especializado en astroturismo da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas.

O vicepresidente subliñou que a provincia da Coruña será un dos territorios de toda Europa onde “mellor se poderá observar un fenómeno que non se vai repetir na nosa xeografía até dentro dun século, que cadrará tamén a poucos minutos da posta de sol, co que haberá practicamente dous solpores consecutivos na mesma xornada”.

Alén disto, lembrou que a cita cadrará co máximo da chuvia de estrelas das bágoas de San Lourenzo, previsto para a noite do 12 ao 13 de agosto. “Esa noite non vai durmir ninguén”, brincou cos presentes o responsábel provincial de Turismo.

Tanto Regueira como os demais relatores tamén incidiron na importancia de contar con espazos libres de contaminación lumínica para poder admirar este tipo de acontecementos na súa plenitude. Precisamente, a provincia ten dous xeodestinos coa consideración de Destinos Turísticos pola Fundación Starlight, como son A Costa da Morte e As Mariñas coruñesas.

A eclipse foi a gran protagonista da campaña promocional da Deputación, que, con todo, acudiu a esta FITUR para defender tamén un modelo turístico diferente, onde a calidade prime sobre a cantidade e onde tamén se respecten tanto a identidade como a autenticidade dos territorios.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.