Villaverde fai un chamamento á frota, dende Portosín, para beneficiarse das axudas destinadas a mellorar a seguridade e a eficiencia nos buques

22 Xaneiro 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, animou a solicitar a partir deste 22 de xaneiro as axudas para a mellora da seguridade e a eficiencia de buques pesqueiros, dotadas con 6,4 millóns de euros e co-financiadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Con esta liña de apoios, desde a Xunta, tal e como explicou Villaverde, “estamos contribuíndo a impulsar unha frota máis segura, eficiente e competitiva”. E é que as accións subvencionábeis, dixo, “estás dirixidas a mellorar as condicións laborais e de seguridade das tripulacións, reducir o impacto ambiental da actividade pesqueira, incrementar a eficiencia enerxética e aumentar o valor engadido e a seguridade alimentaria dos produtos do mar”.

A orde dá cobertura a actuacións como a modernización de buques, a instalación de equipamentos de seguridade e salvamento, melloras na habitabilidade e conectividade a bordo, investimentos en sistemas de propulsión máis eficientes e menos contaminantes, auditorías enerxéticas, adaptacións das artes de pesca para aumentar a selectividade ou proxectos orientados á valorización das capturas.

O prazo de solicitude é dun mes. Os interesados poden consultar as características e os requisitos das mesmas na sede electrónica da Xunta ou nas oficinas Es.Mar que a Consellería do Mar ten a disposición do sector no litoral galego.

Case 400 proxectos

O prazo para solicitar as axudas é dun mes e comezou hoxe coa publicación no día de onte da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Desde o anterior Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Femp) 2014-2020 ata a actualidade a Xunta financiou 394 proxectos por un importe superior aos 16 millóns de euros.

Na primeira convocatoria Fempa, correspondente á do 2025, concedéronse 129 proxectos por preto de 7,9 millóns de euros, duplicando amplamente a media do período anterior e consolidando unha tendencia á alza no interese do sector por modernizar a frota e avanzar cara a unha pesca máis sostible.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.