Valentín García anima á participación no inicio da oitava edición do programa 21 días co Galego e +

16 Xaneiro 2026

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no colexio Álvarez Limeses, en Pontevedra, na apertura da oitava edición do programa 21 días co Galego e +, impulsado pola Xunta en colaboración con “toda a comunidade, entre alumnado, mestrado e persoal dos centros, que participan voluntariamente”. O obxectivo do proxecto, cuxo blog funciona como principal foco de información e de actividade, é mergullar aos escolares no uso do galego baixo o reto-desafío de facelo durante 21 días.

Garcia sinalou que nesta primeira xornada da iniciativa, na que participan un total de dez centros educativos de toda Galicia coa colaboración da Consellería de Educación, que se trata dunha “proposta de dinamización lingüística que ten moi boa acollida ano tras ano” porque favorece, dixo, “o uso do galego a través de actividades de lecer que van máis alá da educación nas aulas, e contempla o espazo escolar no seu sentido máis amplo como un lugar de socialización para a xente moza”.

Deste xeito, apuntou que nesta nova edición, que estenderá as súas actividades ata o 6 de febreiro, están involucradas un total de 3.760 persoas, cuxas propostas quedarán reflectidas nas redes sociais do programa e no blog 21diascogalegoemais.gal, o soporte central do programa, onde se mostrarán as creacións de cada colexio. Ademais, manterase a colaboración co espazo Galicia por Diante da Radio Galega, que lle dará difusión ás accións que se fagan ao abeiro desta proposta.

O secretario xeral lembrou que esta iniciativa de dinamización lingüística naceu para estimular o uso do galego no alumnado e perfeccionalo dentro e fóra das aulas. Ten a súa orixe nunha experiencia que se puxo en marcha desde 2013 no Instituto da Pobra do Caramiñal, da man da profesora Pilar Ponte, e que mesmo chegou recibir en 2015 un premio de innovación en dinamización lingüística, en 2016 un recoñecemento da Real Academia Galega e no 2019 o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua. Desde o ano 2019 foi asumido pola secretaría xeral da Lingua e a el adhírense os centros educativos de xeito voluntario.

O programa 21 días co Galego e + enmárcase na liña de accións coas que o Goberno autonómico pon o foco na cativada e a na xuventude, para impulsar nestas idades o uso, a presenza e o prestixio da lingua. Neste senso, lévanse a cabo outras propostas como Falamos + ou Nós tamén creamos!, que tamén teñen como escenario os centros de ensino e o obxectivo de incrementar o uso do galego entre as xeracións máis novas.

Neste curso 2025/26 no programa participan voluntariamente o colexio Isidro Parga Pardal, de Oleiros; o centro dos Tilos, en Teo, e aínda na provincia coruñesa, o Anxo da Garda, na cidade herculina. Tamén o colexio A Ponte e o Benigno Quiroga Ballesteros, de Lugo. A estes engádenselle en Pontevedra o centro Álvarez Limeses e os colexios Ría de Vigo e Amor de Dios, en Vigo. En Ourense participan o colexio A Ponte e o Irmáns Villar.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.