Unha fronte activa deixará fortes chuvias e vento nas Rías Baixas e en Santiago a partir da tarde do xoves

21 Xaneiro 2026

Unha fronte activa atravesará Galicia durante a segunda metade da xornada do xoves 22, San Anastasio e San Vicente. Durante a mañá predominarán os intervalos nubrados, con posibilidade dalgúns chuvascos illados. Co avance do día, a situación meteorolóxica empeorará notablemente, dando paso a unha tarde desapracible, con ceos moi nubrados e precipitacións xeneralizadas, que serán máis frecuentes e intensas no sur e oeste da Comunidade.

A cota de neve descenderá progresivamente ata situarse arredor dos 600-700 metros ao final do día. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, tanto nas máximas como nas mínimas.

Os ventos soprarán do sur-suroeste moderados durante a mañá, pero incrementarán a súa intensidade pola tarde co paso da fronte, sendo fortes en xeral e con refachos moi fortes no litoral e nas zonas altas do interior.

meteogalicia

O noso mar; Temporal marítimo e refachos superiores os 80 km/h no litoral e nas zonas altas.

Vento do sudoeste á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 6 a 8 á tarde e 7 a 8 á noite. Marusía á mañá, media vaga á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 6 a 6.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Outros artigos

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

“Las cartas que unían familias”. José Castro López

El cierre del servicio estatal de correos en Dinamarca con más de cuatro siglos dehistoria es una de esas noticias que quedan eclipsadas por la rabiosa actualidad. Sinembargo, su significado es profundo. No se trata solo de una reestructuración logísticade los...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.