“Un despropósito que rompe a igualdade entre comunidades” – José Luis Calo

10 Xaneiro 2026

O debate sobre o novo modelo de financiamento autonómico está a derivar nun auténtico despropósito político e institucional. O que debería ser unha negociación multilateral, transparente e baseada en criterios obxectivos de equidade e solidariedade, estase a converter nun acordo feito á medida de Cataluña, negociado de maneira bilateral e imposto posteriormente ao conxunto das comunidades autónomas.

Non estamos a falar dun simple axuste técnico. Estamos ante unha modificación de enorme calado que afecta directamente ao principio básico de igualdade entre cidadáns, vivan onde vivan. Financiar de maneira claramente desproporcionada a Cataluña fronte ao resto das comunidades supón romper o equilibrio do sistema e introducir un agravio comparativo inasumible.

Como advertía Montesquieu, “unha inxustiza feita a un só é unha ameaza dirixida a todos”. E iso é exactamente o que está en xogo: cando se privilexia a unha comunidade por razóns políticas, estase poñendo en risco o dereito á igualdade do conxunto da cidadanía española.

O máis grave non é só o fondo, senón tamén a forma. Non houbo negociación real nin debate serio cos territorios. O que se escoitou foron explicacións confusas, argumentos caóticos e xustificacións difíciles de entender para tratar de explicar o inexplicable: que o modelo de financiamento de todos se pacte con forzas independentistas cuxoobxectivo declarado non é fortalecer o Estado, senón debilitalo.

Este tipo de acordos non responden a criterios de xustiza social nin de eficiencia económica, senón a necesidades políticas conxunturais. Utilízase o financiamento autonómico como moeda de cambio para garantir apoios parlamentarios, sen medir as consecuencias a medio e longo prazo para o conxunto do país.

A solidariedade interterritorial non pode converterse nunha coartada para privilexios. Tampouco é aceptable que comunidades con menor capacidade financeira ou con maiores necesidades vexan limitada a súa marxe de actuación mentres outras reciben un trato preferente. Iso non é solidariedade: é desigualdade institucionalizada.

España precisa un modelo de financiamento xusto, estable e consensuado, no que todas as comunidades autónomas participen en igualdade de condicións. O que non precisa é un sistema feito a golpe de pacto político, servido frío ao resto dos territorios e presentado como un feito consumado.
Este camiño non só é un erro: é unha irresponsabilidade que pon en risco a cohesión territorial, a lealdade institucional e a confianza entre administracións. Por iso, non pode nin debe ser aceptado.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.