ULA Libraría Social inicia o 30 de xaneiro un Club de Lectura xuvenil para a rapazada de entre 10 e 17 anos

21 Xaneiro 2026

ULA Libraría Social, con sede na rúa da Capela da Serra de Outes, organiza este 30 de xaneiro a primeira sesión do seu Club de Lectura autoxestionado e xuvenil, impulsado pola veciña Valeria Martí. Dará comezo ás 19.30 horas na sede da libraría e con esta actividade preténdese afianzar nos saudábeis e enriquecedores hábitos da lectura ás mozas e mozos do concello de idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos. O obxectivo do obradoiro é organizar lecturas conxuntas de libros concretos, actividades de escritura e mesmo traballos manuais relacionados cos libros.

Como dixemos a primeira sesión deste Club de Lectura será o 30 de xaneiro á 19:30 na ULA Libraría Social.

Inscricións enviando un Whatsapp ao 659 17 78 29 ou en tenda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.