UCIN Boiro pide corrixir o emprazamento e a orientación da marquesiña de Cimadevila

27 Xaneiro 2026

UCIN Boiro emitiu un comunicado, a través do seu responsábel local Miguel Piqueras, no que critica o emprazamento da marquesiña de bus de Cimadevila por considerala “inútil” para a cidadanía. Trátase, engade a agrupación, “dunha infraestrutura financiada con diñeiro público que non cumpre a súa función básica de protexer os usuarios da choiva e o vento”.

E engade Piqueras: “Cada día de choiva, os nenos e nenas que agardan polo transporte escolar acaban enchoupados”. Desde a formación din que o alcalde comprometeuse publicamente a solucionar esta situación, “pero que os veciños non recibiron nin solucións nin explicacións”. Dende UCIN engaden que “existen outras marquesiñas no municipio, tanto no centro como no rural, que presentan deficiencias similares, o que demostra un grave problema de planificación e mantemento”, sinala o coordinador, apuntando que “a solución é sinxela e de baixo custo, baseada simplemente en corrixir a orientación das estruturas”. E conclúen: “Non falamos de grandes obras, falamos de traballar e de asumir responsabilidades”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...