UCIN Galicia esixe á Xunta a reparación urxente do firme da AC-305 ao seu paso por Boiro “ante o elevado número de accidentes”

08 Xaneiro 2026


UCIN Galicia denunciou publicamente nun comunicado o estado no que se atopa o firme da estrada autonómica AC-305 ao seu paso polo concello de Boiro, que o grupo cualifica de “grave”, e máis tratándose dunha vía fundamental para a mobilidade diaria da comarca do Barbanza. A agrupación sostén que a vía presenta numerosas fochancas, afundimentos e tramos parcheados, “converténdose nun perigo constante para a seguridade viaria”.

Segundo UCIN Galicia, o acusado deterioro da calzada “está a provocar un elevado número de accidentes de tráfico, algúns deles de carácter grave, especialmente entre motoristas e condutores que perden o control dos seus vehículos ao atoparse con fochas ocultas ou superficies irregulares, situación que vese agravada en días de choiva, cando moitas destas deficiencias non son visíbeis e o risco de sinistro multiplícase”.

O grupo di que a AC-305 “soporta un importante volume de tráfico diario, incluído transporte pesado, e é empregada a diario por veciños e veciñas para desprazamentos laborais, educativos e sanitarios; porén, as actuacións levadas a cabo ata o momento pola Xunta de Galicia limitáronse a reparacións puntuais e temporais, claramente insuficientes para solucionar un problema estrutural que se vén arrastrando desde hai anos”.

Desde UCIN Galicia considérase “inaceptábel que se manteña esta situación mentres continúan producíndose accidentes que poderían terse evitado cun mantemento axeitado da vía”.

Polos ditos motivos, a formación esixe á Xunta de Galicia “unha actuación inmediata e definitiva que contemple a rehabilitación integral do firme da AC-305 ao seu paso por Boiro, así como a adopción de medidas urxentes de seguridade viaria mentres non se executen as obras necesarias”.

UCIN Galicia lembra que a Administración autonómica, como titular da estrada, “ten a obriga legal de garantir condicións adecuadas de seguridade para as persoas usuarias, e advirte de que a persistencia desta situación podería derivar na esixencia de responsabilidades, tanto políticas como administrativas, no caso de que se produzan novos accidentes”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.