Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

05 Xaneiro 2026

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro.

A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e chegará á praza de Galicia pola rúa Principal. Na praza de Galicia haberá unha gran recepción ás SSMM os Reis Magos de Oriente, onde todos os nenos e nenas terán oportunidade de pedirlle os regalos de última hora. A comitiva regresará, como de costume, a Escarabote e rematará o percorrido na Agramuíña.

Para garantir a inclusión, a Cabalgata contará cun tramo sen ruído e sen luces, que se fará na rúa Principal, no tramo comprendido entre as interseccións coa av. de Compostela e a rúa Salvador Allende.

A comitiva está formada por 8 carrozas, incluídas as do tres Reis Magos, o nacemento e os camelos. Contará tamén con animación musical a cargo da banda OJE de Ferrol, o grupo Arume, Os Caraveiros e a charanga Equipo B. “En total participarán unhas 400 persoas contando tamén aos tradicionais personaxes como antorcheiros e espadeiros que cada ano forman parte do desfile”, afirmou Marcelino Sánchez.

Para a recepción das SSMM, na praza de Galicia haberá preparada unha gran festa con chocolatada e animación con DJ Matrek dende as 17.30 horas. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu tanto á organización como o departamento de cultura e as Forzas e Corpos de Seguridade “polo gran traballo que require un día tan máxico como este, pensado para os máis pequenos, e no que Boiro se enche de milleiros de persoas para a visita dos Reis Magos”

Como xa é tradición tamén en Boiro, as Raíñas Magas adiantáronse ás SSMM facendo un percorrido por todas as parroquias de Boiro este domingo 4 de xaneiro. Unha actividade que organiza o grupo de voluntariado Turbina e que comezou en Abanqueiro para trasladarsae a Cespón e Bealo, Pola tarde visitaron Macenda, logo Cures, Escarabote, Cabo de Cruz e finalizou en Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.