The Rapants lanza “Non Sei Como”, o primeiro avance de “Rapants Club”

26 Xaneiro 2026

Os muradáns The Rapants publica este luns 26 de xaneiro Non Sei Como, o primeiro sinxelo do seu novo disco, Rapants Club. A peza, na que colabora Joe Crepúsculo, xa está dispoñíbel nas principais plataformas dixitais e conta cun vídeo dirixido e producido por La Bellavista no que aparecen figuras recoñecidas do país.

Non Sei Como é a tarxeta de presentación do novo LP de The Rapants e dá boa conta de todo o que está por vir neste traballo discográfico: variedade estilística, guitarras frenéticas, retrousos memorábeis e un inmenso agradecemento a toda a comunidade que os acompañou até o día de hoxe.

“Rapants Club é moito máis que un disco: é a nosa maneira de entender a vida, que é a través da música, e de agradecer ás nosas familias, fans e equipo todo o compartido nestes anos. Elas e eles son este club”, apuntan.

Neste primeiro avance, os rapantes deixa entrever os sucos polos que van navegar no álbum: en Non Sei Como predomina a música disco con carácter rock e toques de electrónica, conta “cun retrouso pegadizo desde a primeira escoita”, sinalan, engadindo que “a letra é fiel ao seu estilo e rende homenaxe ás referencias do grupo muradán, como é o caso de Joe Crepúsculo”.

O catalán colabora tanto cos sintetizadores coma cantando por primeira vez en galego. Aínda que o disco se gravou nos estudios La Mina (Granada) e Boavista (Madrid), o encontro produciuse este verán en El Náutico (San Vicente).

A primeira canción que se dá a coñecer deste Rapants Club conta, ademais, cun impresionante videoclip rodado o pasado decembro entre as localidades de Muros, Carnota, Negreira e Santiago de Compostela. Figuras como o futbolista Hugo Rama, os actores Miguel de Lira e Federico Pérez, as artistas Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño -o dúo Caamaño&Ameixeiras-, os cantantes 9Louro e Xián Pais, os creadores de contido Champimuros e Merce Totakeki ou mesmo o campeón de surf Guillermo Carracedo formaron parte desta singular peza audiovisual dirixida e producida por La Bellavista. 

Entradas practicamente esgotadas para a presentación de Rapants Club

A estrea en directo do novo disco de The Rapants terá lugar o 28 de marzo no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, cita para a que xa non quedan entradas tanto en pista coma en diversas gradas -que se esgotaron ás poucas horas de activar a venda en ataquilla.com-. 

A dous meses da celebración, unicamente quedan dispoñibles menos dun cento de billetes. A inauguración deste Rapants Club, tal e como prevé a banda, será unha gran festa para a música en directo en Galicia.


Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.